Durán pide a dimisión do presidente do Consorcio

    area_comercial_vilanova100.jpgVILANOVA> O alcalde Gonzalo Durán asegura que os comercios de Vilagarcía non pechan por un centro comercial que non existe aínda.

    {flowplayer}images/salnes/area_comercial_vilanova.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán asegura que os comercios de Vilagarcía non pechan por un centro comercial que non existe aínda, culpa ao PSOE deste feito e pide a dimisión do presidente do Consorcio de Comercio do Salnés.

    Durán mostrouse firme e contundente ao asegurar que ten todo o dereito a levar a pleno, votar e decidir qué facer co futuro da vila, como di que fixo no tema da área comercial de Deiro. Responde así ás declaracións feitas onte polo PSOE de Vilagarcía e ás últimas accións do Consorcio de Comercio do Salnés.

    O rexedor vilanovés non quere que o PSOE vilagarcián tome parte nun asunto que non lle corresponde, máis aínda tendo a culpa, segundo considera, do peche dos comercios. Afirma que desde Vilagarcía promocionan a creación de centros comerciais urbanos, para salvar ao pequeno comercio, pero en Vilanova non están seguros do bo funcionamento que poidan ter.

    O alcalde asegura que se o goberno vilagarcián se mete coas decisións do seu concello, el ten o mesmo dereito e polo tanto, quere saber tamén que hai previsto facer na zona TIR, na de RENFE e, que defende Marcos González, presidente do Consorcio de Comercio do Salnés.

    Durán asegurou que o Concello encargou un estudo que arroxa resultados da fuga de ventas na zona, que ascenden a 135 millóns de euros, sobre os que, segundo o alcalde, hai que reflexionar.

    Redacción Salnés