Veciños de Guillán denuncian a falta de limpeza das súas rúas tralas riadas das semanas pasadas

VILAGARCIA> Unha semana despois das fortes choivas, o lavadoiro de Guillán continúa cheo de barro. Os veciños denuncian que as administracións ignoran o problema que as obras dun terro de Verdón causan ás súas vivendas e as rúas. Temen que coas novas actuacións na leira, as fortes choivas poidan producir máis danos ás súas casa.

As intensas choivas da semanas pasadas, volveron a provocar riadas na rúa da Torre de Guillán, en Vilagarcía. Como xa denunciaran en xaneiro, as obras dun terreo provocan que auga e o barro baixen con forza e entre nos seus fogares. Os veciños advirten que se senten abandonados, xa que máis de 10 días despois, o lavadoiro continúa chego de terra.

Os veciños séntense abandonados polas administracións que, segundo advirten, non obrigan ao dono do terreo a tomar medidas para non prexudicar aos veciños.

Tamén engaden, que a última intervención que se realizou na leira provocará que o barro e a augan causen grandes danos a un dos veciños.

Os veciños comezarán a mobilizarse a protestar para que se tomen solucións e deixen de prexudicar os seus fogares. Pero temen que ignoren as súas peticións ao non contar con máis axuda ca dos poucos veciños afectados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí