O concello de Vilagarcía valora positivamente as probas de peonalización das Pistas

VILAGARCIA> O concello de Vilagarcía fai unha valoración positiva das probas de peonalización que está a facer na rúa Camilo José Cela. Dende o goberno local consideran que este proxecto será beneficioso para os veciños do Piñeiriño. A peonalización aínda non é definitiva e segundo a concelleira de urbanismo continúan estudando o proxecto para corrixir os posibles erros.

O concello de Vilagarcía continúa coa súa aposta de dar prioridade aos peóns nas rúas de Vilagarcía. O novo proxecto do goberno local pasa por potenciar o barrio do Piñeiriño. Pero antes de tomar unha decisión, o equipo de Varela optou por probar a pechar temporalmente dous tramos da rúa Camilo José Cela.

O novo proxecto divide á veciñanza. Os máis críticos consideran que a peonalización causará grandes atascos na zona. Pola súa parte, a presidente da asociación de veciños das pistas pide ao concello que se achegue ao barrio a controlar a rúa para evitar que non se respecten as probas.

Dende o concello garanten que a o proxecto está pensado para non causar problemas ao tráfico.

O goberno local tamén explica que o proxecto están probas e que se corrixirá calquera situación que cause molestias aos veciños.

A pesar das críticas, tamén hai moita xente que está a favor. Algúns hostaleiros e veciños da zona consideran que a peonalización aumentará a afluencia de xente na zona. Serán estas probas as que determinarán se o proxecto é beneficioso ou non para a veciñanza do Piñeiriño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí