A corporación pobresa apoia ós veciños para evitar as expropiacións na AC-305

    expropiacionsac305_100_271108.jpgPOBRA > As modificacións introducidas no proxecto de mellora da AC-305 non contentaron nin ós grupos políticos nin moito menos ós propietarios.

    {flowplayer}barbanza/expropiacionsac305.flv{/flowplayer}

    A indignación foi a tónica dominante na reunión mantida entre os portavoces dos tres grupos municipais da Pobra e unha representación dos veciños afectados polo proxecto da travesía AC-305.

    Modificacións mínimas

    No seu día, tanto os afectados como os membros da corporación xa manifestaran a súa disconformidade co proxecto por innecesario e desmesurado, xa que obriga a expropiar a máis de 70 propietarios. Daquela, dende a Consellería de Política Territorial comprometéronse a revisar o proxecto, en base ás alegacións presentadas. Sen embargo, unha vez remitido o proxecto modificado os cambios son mínimos e só se eliminan catro parcelas afectadas.

    Actuación innecesaria

    Os veciños síntense totalmente enganados pola administración autonómica e demandan unha alternativa que, polo momento, non se vislumbra. Ademais insisten en que o treito da estrada comarcal 305 ó seu paso pola Pobra non reviste perigosidade polo que non ven necesaria unha actuación de tal magnitude para mellorar a seguridade vial.

    Nas súas reivindicacións contan co apoio dos tres partidos políticos con representación municipal que amosaron a súa total disconformidade co proxecto. A próxima semana, os portavoces de cada grupo manterán unha xuntanza co subdirector xeral de Obras Públicas para trasladarlle a preocupación veciñal e esixirlle que se inclúan no proxecto os cambios que no seu día comprometeu o delegado de Política Territorial.

    Sen esperanza

    Mentres tanto, os veciños ven esfumarse as poucas esperanzas que lles quedan para botar abaixo ó proxecto posto que xa lles foi notificada a orde de expropiación que se iniciará en xaneiro.

    Redacción Barbanza