O BNG esixe a reparación das deficiencias detectadas no colexio de Asados

    anamariadieguez_100_271108.jpgRIANXO > O BNG de Rianxo denuncia o mal estado en que se atopan as instalacións do colexio público Ana María Diéguez, en Asados.

    {flowplayer}barbanza/anamariadieguez.flv{/flowplayer}

    A voceira dos nacionalistas rianxeiros, Adelina Ces, desprazouse ata o centro escolar para dar conta das numerosas deficiencias que presentan estas instalacións públicas. Entre elas, as pintadas que decoran as paredes do centro dende hai meses sen que o concello procedera á súa limpeza a pesar dos constantes requerimentos da oposición.

    A limpeza é, segundo os nacionalistas, outra das eivas fundamentais do centro posto que non se procede a realizar este servizo de xeito diario nas pistas deportivas nin nos exteriores do recinto.

    Fiestra rota

    Tamén denuncian os nacionalistas a existencia dunha fiestra rota, a raíz da entrada duns vándalos durante o pasado verán, que non foi arranxada e outras pequenas deficiencias que condicionan o día a día dos escolares.

    Dende o BNG instan ó executivo local a adecentar e dotar dos servizos necesarios a estas instalacións que deberían estar en mellor estado posto que non teñen máis de dez anos de vida.

    Redacción Barbanza