A POBRA> O concello da Pobra vén de poñer en marcha un proxecto creativo en colaboración cos artesáns de SonAgasallo e os usuarios do CAD. Transformarán o toco dunha árbore do parque do Castelo un trasgo co obnxectivo de darlle unha nova vida á natureza.
O toco desta árbore, situado ó carón do parque do Castelo da Pobra, cobrará vida. As mans dos artesáns Ruth González e José Manuel Riveira transformarano nun tahumi, un ser máxico ideado polos creadores de SonAgasallo. Os usuarios do centro ocupacional do CAD serán os encargados de darlle cor.
Este proxecto xurde froito da colaboración do concello cos artesáns da zona a través da súa participación no mercado de Nadal e no obradoiro Feito coas túas mans.
Os veciños poderán seguir o proceso creativo que se iniciará a finais deste mes coa intención de estar rematado de cara ó Nadal.











