A empresa Ecoplas da Pobra recibe un premio medioambiental polo proxecto ‘Biomares’

POBRA> O proxecto Biomares, da empresa Ecoplás Barbanza, foi premiado pola Fundación Coca Cola no marco do programa ‘Mares Circulares’. A firma pobrense promove a utilización de materias biodegradables no medio mariño.

O proxecto ‘Biomares’ distinguido na categoría de Start-ups do programa Mares Circulares de Coca Cola, busca a implantación de materiais biodegradables na elaboración de envases e aparellos utilizados no medio mariño. Supón a continuación doutro proxecto co que Ecoplas xa marcou un fito no mundo agrícola: a utilización de mallas degradables e compostables para o envasado de hortalizas.

Finalizada a fase de producción, Ecoplas traballa agora na comercialización destes novos materiais que se destinarían principalmente á acuicultura. As bolsas das bateas ou as protección das cordas de desdobre do mexillón son só un exemplo dos seus múltiples usos.

Ademais da innovación tecnolóxica para a fabricación de materiais biodegradables, dende ECOPLAS apostan por fomentar a concienciación en materia de reciclaxe de xeito que os plásticos teñan unha vida útil máis longa reducindo os índices de contaminación.

Materiais como os que lle fixeron merecedores deste premio que supón un recoñecemento á filosofía desta empresa pobrense que, dende este pequeno recuncho do Barbanza, está a marcar o rumbo cara un futuro máis sostible.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí