O Cine Elma acollerá a estrea oficial da curta ‘Adeus, Berta’, ambientada na Pobra

A POBRA> A Pobra acollerá este venres a estrea da curta ‘Adeus, Berta’. Trátase dunha produción de Kraken Media, dirixida por Fernando Tato e protagonizada por Ánxela Andrade e a pobrense Gemma do Carmo. O acto terá lugar no Cine Elma a partir das sete e media da tarde.

O Cine Elma da Pobra vestirase de longo este venres para acoller a estrea da curta ‘Adeus, Berta’. A cinta, producida por Kraken Media, está dirixida por Fernando Tato e conta no seu elenco coa pobrense Gemma do Carmo.

Adeus Berta aborda o reencontro de dúas irmás trala morte da súa nai. Neste camiño, coa Pobra como telón de fondo, transitarán pola súa historia pasada ata reconciliarse coas súas orixes.

A curta pretende ser a antesala dunha longametraxe, co guión de Ánxela Andrada e Fernando Tato, xa moi avanzado.

Trala súa presentación no Festival de Medina a estrea oficial terá lugar na Pobra. Farase por todo o alto, con photocall e un coloquio trala proxección . Ó remate servirase e un cóctel para tódolos asistentes coa animación musical dun DJ. A apertura de portas será ás sete e media da tarde e a entrada será de balde.