BOIRO> Aproveitando o seu corenta aniversario, a entidade realizou unha pequena festa á que convidou a familiares, veciños en xeral e tamén patrocinadores. O acto serviu tamén para realizar a presentación oficial dos equipos das distintas categorías coas que conta o Club.
O Club de Remo Cabo de Cruz está de aniversario. Este ano cúmprense corenta anos dende a súa fundación e a entidade quixo celebrar un acto especial. E fíxoo coa súa xente, directivos, familiares e tamén representantes das firmas colaboradoras co Club durante estes anos, principalmente Jealsa-Rianxeira, da man do seu fundador Jesús Alonso.
Tampouco faltou o alcalde, Xoán Xosé Dieste, quen destacou o traballo realizado pola entidade durante estes anos, logrando poñer a Boiro no máis alto chanzo do remo a nivel nacional. Segundo o rexedor ábrese agora unha nova etapa para a entidade, para a que xa contarán coa nova sede do Club.
Aproveitouse a ocasión ademais para presentar ós equipos das distintas categorías, dende a base ata os seniors, formada por máis de 130 persoas, entre remeiros e adestradores, e que a pesar das dificultades, volverá a ter unha traiñeira na Liga ACT.
Comments are closed.