VILAGARCÍA > CCOO denunciará á Autoridade Portuaria por non presentar inda as bases do concurso público de estibadores fixos.
{flowplayer}images/salnes/SESTIBA.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA > Comisións Obreiras denunciará á Autoridade Portuaria por non ter presentado inda as bases do concurso público para elixir os novos estibadores fixos.
Sindicato e traballadores de Sestiva cren que o presidente do Porto, Javier Gago, está a confeccionar un documento á carta, esquecéndose da prioridade que os actuais estibadores teñen por lei. Temen ademais que Gago pretenda convocar só dúas prazas fixas, cando segundo o sindicato estaba previsto chegar a 15, habendo na actualidade 7 traballadores nesta condición, un deles de baixa.
Aténdose á Lei que regula o traballo na estiba, CCOO entende que as novas prazas fixas deberían ser ocupadas por membros da denominada segunda lista, que son chamados en xornadas de maior carga de traballo. Estes contan con certificado profesional esixido para que, se queren pasar a ser fixos, o poidan facer sen levar a cabo proba algunha de capacitación.
Sindicato e estibadores denuncian que Gago non quere seguir este modelo e aseguran que pretende colocar a xente da súa confianza, advertindo que non teñen experiencia previa. Indican que recentemente se convocou un curso de formación e reciclaxe pero só foron admitidos catro estibadores. Comisións advirte que nunha situación similar están os estibadores do porto de Vigo e non descarta mobilizacións do sector.
Redacción Salnés