‘Produtoras’ en Cambados: 30 proxectos para visibilizar nunha feira o talento das mulleres creadoras

CAMBADOS> Durante toda esta fin de semana Cambados convértese en punto de encontro de creadoras e emprendedoras, en feminino. O paseo da Calzada acolle ata este domingo unha nova edición da Feira Produtoras. Un total de 30 proxectos danse cita nesta iniciativa, que trae á vila propostas de distintos sectores, como roupa, artesanía ou alimentación. Todos cun nexo común: detrás deles hai mulleres que buscan darlle visibilidade ao seu proxecto a través de propostas como esta.

Ata este domingo as protagonistas en Cambados van ser elas: mulleres que traen á vila a súa oferta de produtos. Trátase da cuarta edición da Feira Produtoras en Feminino. En total, 30 proxectos para todos os gustos, onde poderemos atopar roupa e complementos, artesanía, curiosidades e alimentación.

A feira está organizada por En Feminino Producións. Este venres, na inauguración desta nova edición, a responsable desta área destacaba a importancia de impulsar puntos de encontro para o talento feminino como este. Un espazo que serve para visibilizar a pé de rúa os seus proxectos e reivindicar o espazo que lle corresponde.

A feira conta co apoio do concello de Cambados. A concelleira de igualdade destaca a importancia de crear puntos de encontro como esta feira, para unir as forzas das mulleres emprendedoras da contorna.

Na mesma liña, o alcalde cambadés.

A feira arrancou ademais con actividade paralela. Neste caso, primeiro cun showcooking da man do Obradoiro de Hostalería da Mancomunidade do Salnés. Ao longo da fin de semana tamén haberá outro tipo de propostas dinamizadoras, como un concurso inspirado no Trivial con preguntas sobre mulleres pioneiras do país. As mellores puntuación marcharán cun lote de produtos elaborados polas expositoras da feira.