Cociña de todo o mundo sobre rodas e sen saír de Portonovo

    SANXENXO> Agora propoñémoslles outro exquisito plan para esta primeira fin de semana de setembro. Desta volta, en Sanxenxo. Baltar acolle o Festival Parranda and Trucks, onde a música e o teatro serán os ingredientes que aderezan os dez Food Trucks, ou restaurantes sobre rodas, que conforman esta proposta gastronómica. Non hai festa nin evento nos últimos tempos nos que non atopemos Food Trucks. E é que estes restaurantes sobre rodas están de moda, e esta mañá en Sanxenxo deixáronnos claro o porqué. Portonovo acolle esta fin de semana o Festival Parranda and Trucks, unha concentración de Vehículos restaurante cunha programación do máis completa, na que tamén entran música e teatro. Esta mañá os responsables dos Food Trucks ultimaban os preparativos das súas propostas. Atopamos gastronomía chdegada de tódolos rincóns do mundo. Comida caribeña… Pizzas artesanas Cociña asiática… Ou mesmo doces para a merenda ou a sobremesa… E así ata dez Food Trucks diferentes. E se os caracois levan o fogar ás costas, eles, levan, o negocio ás costas. Sexa como sexa, estes restaurantes móbiles son máis ca unha moda e chegan para quedarse. De momento poderemos gozar desta variada proposta gastronómica, na Rúa Rial en Baltar, Portonovo, ata o domingo pola noite, aderezada con boa música e teatro. O mellor plan para esta fin de semana.