O Céltiga alónxase da cabeza tras caer co Santa Comba

futbol250_011208.jpgSALNÉS > A 14ª xornada de Terceira División non foi nada boa para os intereses dos equipos do Salnés. Dous empates e dúas derrotas, unha delas a do Céltiga na casa ante o Santa Comba. Os da Illa perderon unha boa oportunidade para engancharse cos de arriba.

{flowplayer}images/salnes/futbol_011208.flv{/flowplayer} 

Un erro defensivo e unha xogada desgraciada condenaron ó Céltiga ante o Santa Comba (0-2), derrota que os alonxa dos catro primeiros da clasificación.

Partido eminentemente defensivo, con poucas ocasións de gol. Adintáronse os visitantes cun tanto de Cotrofe, que cabeceaba libre de marca na área pequena un corner botado por Adrián Nieto, ex do Céltiga. Kelvin tívoa para igualar minutos antes de chegar ó descanso; pero en vez do empate os da Illa atopáronse cun 0-2 en contra despois dunha xogada desgraciada na que Óscar Río introducía o balón na súa propia portería.

Intentouno o Céltiga na segunda metade pero con escasa fortuna ante un rival que se pechou ben no seu campo e fixo moi difícil unha posible remontada. Queda oitavo na xeral a cinco puntos do cuarto clasificado.

O Vilalonga pola súa banda acadou un empate en San Pedro ante un complicado rival como o Alondras (1-1). Os visitantes dominaron na primeira metade; Lozano sacoulle un balón a Leiro baixo paus e minutos despois, no 36, Tomás facía o 0-1.

Pero na segunda metade cambiou a decoración por completo. O Vilalonga fíxose dono do encontro, non deixou pasar de mediocampo ó Alondras facendo gala dunha preparación física envexable e acadou o empate de penalti no 65′ por mediación de Rubí.

A victoria púidose quedar na casa con varias ocasións de gol que non foron materializadas polos dianteiros locais. O Vilalonga queda así instalado en metade da táboa, con 17 puntos, os mesmos do que o equipo ó que visita a vindeira semana, o Arousa.

Precisamente os de Laxes non foron quen de sorprender ó Lalín no Manuel Anxo Cortizo e caeron por 3-1. Nun partido no que o mal estado do terreo de xogo foi o protagonista, polas nevadas que sufríu a capital do Deza, os locais adaptáronse mellor ás circunstancias e púxeronse con 2-0 ó descanso. Lonxe de reaccionar o Arousa recibíu o terceiro a pouco de comezar o segundo acto. Hugo Soto reducíu vantaxe e o Arousa levou o peso do encontro ata o final, pero non foi suficiente. A debilidade defensiva volveu a condenar ós vilagarciáns.

O Portonovo pola súa banda suma e segue e onte levouse un punto das Pardiñas in extremis. Tamén aquí o mal estado do terreo de xogo forzou ós dous equipos a practicar un futbol de ataque directo. Curiel adiantou ós portonoveses, déronlle-la volta ó marcador os locais e a tres para o final, Edi en propia meta, puxo as táboas.

Destacar ademais o acontecido en Preferente Autonómica que deixou estes resultados: Barco 1- 1 Unión Grove;  Cultural Areas 3 –  2 Ribadumia e Ponte Ourense 0 – 2 Sanxenxo.

Redacción Salnés