Inelga e Extrugasa prosiguen coa mala xeira de resultados

baloncesto250_011208.jpgVILAGARCÍA > Tanto Extrugasa como Inelga caeron nos seus respectivos compromisos. As de Isaac Fernández sumaron a súa séptima derrota consecutiva en Cataluña mentres que o Inelga perdeu na casa co segundo clasificado, o Santurtzi.

O Extrugasa estivo preto da victoria, nun final igualado, pero de novo a falta de sorte ou dunha xogadora capaz de tirar do equipo nos intres finais evitou o triunfo.

A intensidade defensiva e a actitude das vilagarciáns foi sobresaínte durante os corenta minutos; por falta de gañas non é. O problema volveu a ser o desacerto en ataque, a falta de fluidez.

Con Arantxa Novo aínda tocada polo golpe da semana pasada no ombreiro, María Asurmendi dirixíu ó equipo. A iguladade foi a tónica dominante do choque.

A falta de dous minutos vencían por un punto, pero a Seu D’Urgell soubo xogar con maior tranquilidade e tivo máis acerto para reter a victoria na casa.

Pese á derrota, curiosamente o Extrugasa sae dos postos de descenso nos que agora entra o Ibiza, rival nos dezaseisavos de final da Eurocup. As baleares caeron ante o Gran Canaria e a súa peor dieferencia de puntos as pon agora contra as cordas.

No baloncesto masculino, en Liga EBA, o Inelga sumou a súa cuarta derrota consecutiva que podía entrar dentro do previsto, xa que o Santurtzi chegaba a Fontecarmoa como segundo clasificado.

Guión moi similar ó do partido do Extrugasa: choque igualado de comezo a fin, aínda que os bizcainos sempre mantiveron a iniciativa no marcador. Os pequenos detalles desnivelaron a balanza en favor dos visitantes nos últimos minutos.

Pablo Villaronga, con 19 puntos, foi o máis destacado no cadro dirixido por Juan Espiñeira.

Redacción Salnés