O Barbeito non cede na súa persecución ó Cesuras

futbolsala250_021208.jpgSALNÉS > Importante victoria do Hermanos Barbeito en Betanzos que mantense en segunda posición en dura pugna co Cesuras. O Grupo Junquera pola súa banda, acadou un valioso empate na casa ante O Esteo.

Gran triunfo do Hermanos Barbeito na súa visita a un rival tan complicado como o Troula, moi reforzado nas últimas semanas con varias fichaxes.

Os portonoveses entraron fríos no partido e custoulles facerse co mando do encontro na primeira metade. De feito sería o conxunto local o que se adiantaría nos primeiros compases do choque, e pese a que Rubén empataba no 9′, o Truola, con dous goles consecutivos a pouco para chegar ó descanso foise 3-1 ós vestiarios.

Na segunda metade o encontro entrou nunha dinámica máis igualada; pero no tramo final, a falta de dez minutos, o técnico visitante decidíu xogar con porteiro – xogador e a aposta saíulle ben. Dous goles de Pedro e un de Pibe déronlle-la volta ó electrónico en apenas tres minutos, con sete aínda por xogarse. O Barbeito, apoiado por unha boa actuación do seu porteiro Néstor, retivo os puntos e venceu por 3-4.

Continúa a unha victoria do Cesuras, líder, e que gañou esta semana ó Bueu na casa por 4-2.

O Grupo Junquera pola súa banda acadou un valioso empate ante O Esteo (3-3), nun partido igulado no xogo e nas ocasións. O encontro púxoselles de costas nos primeiros minutos cando xa perdían por 0-2. Foron quen de igualalo na segunda metade a base de meterlle unha marcha máis ó ritmo de xogo, pero de novo os das Pontes acadarían vantaxe por mediación de Rubén. Juancar, a dous para o remate puxo as xustas táboas no marcador que deixa ó Junquera sexto na xeral.

A vindeira semana agárdanos o derbi do Salnés. Partidazo por todo o alto entre Barbeito e Junquera o sábado no pavillón de Baltar.

Redacción Salnés