O Supremo ratifica a sentencia contra o avogado de ‘Pelopincho’

    fotoargibaycopia.jpgPONTEVEDRA> Manuel Franco Argibay fora condenado a catro anos de cadea por un delito de estafa, recurrira a sentencia mediante casación.

    {flowplayer}images/salnes/SentenciaFrancoArgibay.flv{/flowplayer}

    O que fora o avogado do coñecido narcotraficante “Pelopincho” sae unha vez máis a escena. Manuel Franco Argibay, despois de permanecer un tempo fugado, fora condenado a tres anos e tres meses de prisión tras recoñecer que el mesmo deseñara a rede que branqueou 15 millóns de euros de “Pelopincho”, este aínda en paradoiro descoñecido.

    Malia todo, non era esta a única conta pendente que tiña Argibay coa xustiza. En marzo deste ano, o avogado sentaba de novo no banquiño acusado desta volta de estafa. Concretamente dous pisos e un baixo en Pontevedra e outras cinco propiedades dunha familia á que asesoraba legalmente.

    A sentenza determina que o acusado fixo firmar ós seus clientes documentos de compra venta co pretexto de que eran simulacións para o seu beneficio. Para despois desviar a propiedade dos inmobles a través de sucesivas compra ventas a outras sociedades. A estafa ascendería a un 730.000 euros en total.

    Despois do xuízo do pasado mes de marzo e da condena da Audiencia Provincial de Pontevedra, catro anos de cadea, 1.600 euros de multa e máis de 730.000 en indemnizacións, Argibay presentou un recurso de casación ante o Tribunal Supremo. Recurso que agora foi desestimado. A xustiza considera debidamente probado que os feitos foron certos e Manuel Franco Argibay terá que cumprir a condena.

    Redacción Salnés