Sanitarios do Salnés protestan cun hospital ‘low cost’ contra o peche de camas

    VILAGARCÍA> O peche de camas nos hospitais pola chegada do verán tamén afectará ao Hospital do Salnés. O Sergas ven de comunicar á xunta de persoal que o vindeiro 1 de xullo quedarán pechadas as camas da terceira planta do centro sen coñecer, a diferenza doutros anos, ata cando. Para os sanitarios, esta decisión prexudicará a calidade asistencial ao paciente e ven nela un paso máis cara o desmantelamento da sanidade pública. Hoxe, ás portas do centro, montaron un hospital “low cost” para concienciar aos usuarios.

     

    Unha soa cama, compartida entre varios pacientes, e con colchóns inchables para os acompañantes. Con este hospital “low-cost” os sanitarios do centro de O Salnés quixeron denunciar o peche da terceira planta anunciado polo Sergas.

    Máis pacientes por planta pero non máis profesionais. A xunta de persoal denuncia que o Sergas non cubre nin vacacións nin baixas, o que deteriora a calidade da asistencia.

    A intención de Sanidade é pechar a terceira planta a partires do 1 de xullo, pero o persoal descoñece cando esas 32 camas volverán estar abertas para acoller pacientes.Pola súa banda, o Sergas defende que os centros da Xerencia de Pontevedra e Salnés terán durante o verán máis dun 86% de camas operativas, un dos índices máis altos de Galicia. Aseguran que durante o verán do 2014 no Hospital do Salnés houbo unha media diaria de 27 camas libres, e apuntan a que as pechadas poden activarse de detectar un incremento da demanda asistencial.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/11/protesta_hospital_salnes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/11/protesta_hospital_salnes.mp4{/flowplayer}