Amigos de Galicia repartirá este Nadal 42 toneladas de alimentos

    alimentos100_041208.jpgVILAGARCÍA > Esta asociación benéfica vilagarcián repartirá nas vindeiras semanas todo tipo de víveres entre as familias máis necesitadas da provincia.

    {flowplayer}images/salnes/alimentos_amigos_galicia.flv{/flowplayer}

    Unhas 600 persoas sen recursos, das comarcas de Salnés e de Barbanza, pasarán unhas mellores festas de Nadal grazas ao paquete benéfico que a Fundación Amigos de Galicia entrega ás familias con apuros económicos.

    Cada mes, este colectivo reparte paquetes de alimentos de 35 quilos de peso aos fogares sen recursos. Estes paquetes conteñen produtos perecedoiros e non perecedoiros como queixo, froita, galletas, cereais e azucre. Cada decembro, este paquete complétase con turrón, xoguetes e roupa para que todos pasen as festas de Nadal dun xeito digno.

    Segundo os traballadores desta fundación, as necesidades das familias están a aumentar nos últimos meses, debido á crise económica.

    Esta fundación dá prioridade ás familias con rapaces. Segundo a coordinadora do proxecto, os nenos son os que máis sofren as necesidades e tamén os que máis agradecen o paquete de alimentos e regalos que entrega a Fundación Amigos de Galicia.

     Estes alimentos son doados por varios organismos públicos e privados como a Unión Europea, O Ministerio de Agricultura e Pesca, así como varias empresas que colaboran coa causa. Entre elas cabe citar ao deseñador de roupa Adolfo Domínguez que entrega roupa da súa factoría para axudar a paliar as necesidades dos máis desfavorecidos.

    Redacción Salnés