Rafael Louzán fai entrega do premio Valle-Inclán 2009

    premios_valle100.jpgVILANOVA> Dous traballos sobre Luces de Bohemia e a relación do escritor con Josefina Blanco, foron os gañadores da sexta edición deste premio.

    {flowplayer}images/salnes/ENTREGA_PREMIOS_VALLE_INCLAN.flv{/flowplayer}

    Rafael Louzán presidiu a cerimonia da entrega dos premios Valle Inclán 2009. O presidente da Deputación salientou a calidade das investigación sobre o escritor vilanovés, e afirmou que son as mellores dos últimos anos. Louzán deu a benvida a todos os asistentes, entre eles o presidente do porto de Vilagarcía, Javier Puertas, á terra natal de Valle.

    O presidente da Deputación exaltou as virtudes do escritor vilanovés, de que dixo que soubo conxugar como ninguén tradición e vangarda, amor á terra e sentido universal.

     O vicepresidente, José Juan Durán, organizador deste evento, encargouse de ler a resolución do xurado. Por un lado, ‘Ramón del Valle-Inclán: Luces de Bohemia, unha revolución dramática cunha carta autógrafa inédita de C. Rivas Cherif’ de Jean MArie Lavaud. Por outro, ‘Josefina Blanco e Ramón del Valle-Inclán’: pedestal dos soños’ de Antonio Deaño e Jesús Rubio. Este galardón está dotado cunha achega económica de 20.000 euros.

    Así mesmo, o xurado acordou por unanimidade, conceder un accésit por importe de 4.000 euros ó traballo titulado ‘Valle-Inclán, Catedrático de Estética (1916-1919)’ presentado por Jesús María Monje.  

    As obras premiadas daranse a coñecer ó público a través da súa publicación. Rafael Louzán afirmou que unha das misións da Deputación é achegar a cultura a todos os rincóns da provincia e proxectala máis aló das nosas fronteiras.

    Redacción Salnés