Os concellos e a Xunta cruzan acusacións nunha nova reunión para rematar a Vía Verde do Salnés

PORTAS, VILAGARCÍA, CALDAS> Os concellos de Portas, Caldas e Vilagarcía reúnense coa conselleira de Medio Ambiente para chegar un acordo co que poder finalizar a Vía Verde do Salnés. Segundo Ángeles Vázquez, é necesario establecer un novo proxecto xa que o convenio asinado polos concellos e a deputación rompe de forma unilateral as obrigas do ente autonómico. Dende os concellos de Vilagarcía e Caldas aseguran que o acordo coa deputación levouse a cabo ante o silencio da consellería.

A vía verde do Salnés xa está en marcha grazas ao acordo acadado entre os concellos de Vilagarcía, Portas e Caldas coa deputación de Pontevedra. Nun primeiro momento o proxecto estaría formado por unha terceira parte incluíndo á xunta de Galicia pero o ente autonómico non formalizou a súa participación. A conselleira de Medio Ambiente desprazouse a Portas para ter unha nova reunión cos concellos e establecer un novo acordo xa que, segundo Ángeles Vázquez, o convenio firmado entre os tres gobernos locais e a deputación rompe unilateralmente a obriga da xunta.

A conselleira agarda que poidan chega a un acordo e iniciar os trámites este ano.

Dende o concello de Caldas e Vilagarcía discreparon coa conselleira nos motivos polos cales o acordo incluíu finalmente a dúas partes.

Pola súa parte o alcalde de Portas desexou que a reunión fose frutífera xa que é un asunto interesante para tódolos veciños ao marxe dos partidos políticos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí