CATOIRA> O mandato arranca complicado en Catoira. O Partido Socilista e o PP tumban a proposta de liberacións do novo executivo. O goberno local presentou unha proposta provisional que contemplaba que a tenende de alcalde se fixese cunha dedicación parcial, cobrando pouco máis de 800 euros ó mes. Segundo o alcalde, o seu plan aforraría 20.000 euros ás arcas municipais, pero tanto populares como socialistas votaron en contra.
Malia as explicacións do alcalde de Catoira, o seu plan non saíu adiante. No Plwno de Organización, o nacionalista propuxo destinar unha dedicación parcila á tenente de alcalde. O rexedor dixo que a medida daba resposta ás súas obrigas laborais. A partir do 1 de setembro o seu emprego impediralle estar no consistorio máis alá de 90 minutos ó día en horario de mañá e as tardes dos luns. De aí a súa intención de que a súa número 2 traballase 4 horas ó día.
O alcalde asegurou que a súa proposta suporía un aforro para as arcas municipais de 20.000 euros. Malia tratarse dunha proposta provisional, ata a aprobación dos novos orzamentos, tanto PSdeG como PP votaron en contra. Ambas formacións entenden que eses cartos procederían dos fondos destinados a paga-las horas extra dos traballadores do Concello, porque nos orzamentos de 2019 non hai ningunha partida destinada a ese fin.
Soalistas e populares ven tamén innecesaria a creación dunha xunta de goberno. Con todo, este punto si saiu adiante grazas á abstencións dos edís do PsdeG. Cos tres votos en contra do PP e os 3 a favor do BNG, o rexedor fixo valer o seu voto de calidade para sacar adiante a proposta.