O novo Conselleiro Delegado de Clesa visita a factoría de Saiar

    visita_antunacopy.jpgCALDAS> José Luis Antuña confesou que están ante unha gran oportunidade de futuro para o que será necesario a implicación e o esforzo dos traballadores.

    {flowplayer}images/salnes/VISITA_ANTUNA_CLESA.flv{/flowplayer}

    Maior competitividade, innovación e incremento da plantilla a longo prazo foron as palabras clave que se puideron extraer do discurso do novo Conselleiro Delegado de Clesa, José Luis Antuña. E cara a conseguir eses obxectivos é cara a onde se teñen que dirixir os esforzos dos traballadores. O dirixente asegurou que tras un longo proceso o grupo Acolact xa está en Saiar e que agora queda traballar arreo.

    En relación ó incremento da plantilla, Antuña confesou que no seu Plan de Negocio está moi presente a incorporación de novos traballadores. Para elo, pediulle un dobre esforzo ós empregados actuais xa que dos resultados que obteñan en cada exercicio vai depender a súa contratación.

    Pola súa banda, o alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, sinalou que o feito de que saíse todo segundo o agardado débese, en parte, ó traballo feito pola comisión de seguimento pero, sobre todo, á actitude dos traballadores.

    Ademais, Rey amosou a súa confianza no novo proxecto que acaba de arrancar e nos empregados cuxos esforzos van repercutir na economía do municipio.

    Redacción Salnés