Política Territorial reducirá as afectacións na AC-305 segundo as necesidades da obra

    ac305_100_041208.jpgPOBRA > Os representantes dos tres grupos municipais da Pobra e unha delegación dos veciños afectados polo proxecto de mellora na AC-305

    {flowplayer}barbanza/ac305.flv{/flowplayer}

    … reuníronse con responsables da Consellería de Política Territorial para tratar de introducir unha serie de coreccións que permitan a desafectación de varias parcelas.

    Finalmente, os afectados polas expropiacións non obtiveron os resultados agardados. Aínda que na reunión obtiveron o compromiso do subdirector xeral de Obras Públicas e do delegado provincial da Consellería de que se reducirán ó mínimo o número de afectados, o proxecto non incluirá ningunha modificación.

    Tras analizar treito por treito concluíron a retirada das zonas afectadas nos accesos a Torre Xunqueira, Casa Nova e A Devesa. Tamén se eliminará o carril bus deixando soamente unha parada e as rotondas contempladas no proxecto redúcense para afectar unha menor extensión das parcelas.

    Cambios sobre a marcha

    Pero todos estes cambios non figurarán sobre plano senón que se introducirán sobre a marcha, a medida que avancen os traballos, e segundo marquen as necesidades a pé de obra.

    Falta de garantías

    Isto non da garantías reais ós afectados que non teñen máis remedio que confíar na boa vontade dos responsables de Política Territorial. Coas apreciacións das que informaron prevese reducir notablemente o número de afectados que no proxecto inicial ascendían a maís de 70.

    Redacción Barbanza