A autovía do Barbanza entrará en servizo o vindeiro luns

    aperturaautovia_100_101208.jpgBARBANZA > Así o anunciou este mediodía o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.

    {flowplayer}barbanza/aperturaautovia.flv{/flowplayer}

    Tal e como anunciou este mediodía o presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, a Consellería de Política Territorial prevé abrir a autovía do Barbanza o vindeiro luns, cumprindo así o compromiso dado pola propia María Xosé Caride, de que esta infraestrutura estaría aberta antes das festas do Nadal, con máis dun mes de antelación con respecto ós prazos contractuais da obra.

    Últimos retoques

    Na actualidade a empresa concesionaria das obras está a darlle os últimos retoques á actuación, entre eles o remate dos traballos de asfaltado e sinalización, fundamentalmente na súa marxe dereita, de xeito que permitan que o vindeiro luns xa se poida circular polos catro carrís da nova infraestrutura.

    Continúan as obras

    A pesar da entrada en servizo da autovía dentro de cinco días, continuaranse acometendo as obras complementarias e traballos derivados da execución da obra pero que en ningún caso afectarán xa ó tráfico. 

    Redacción Barbanza