A CORUÑA> A Deputación da Coruña abreo o prazo de presentación de candidaturas á sétima edición dos Premios PEL. As empresas interesadas en optar a algún dos premios das tres categorías, teñen ata o 16 de maio para facer chegar a súa proposta.
Na súa liña de apoio ó tecido económica da provincia, a Deputación da Coruña vén de convocar a sétima edicións dos Premios PEL. O prazo para presentar candidaturas estará aberto ata o 16 de maio e a contía total dos premios a repartir ascende este ano a 75 mil euros.
Convócanse tres categorías nas que a empresa gañadora recibirá 20 mil euros en cada unha. Son os premios á Iniciativa Emprendedora, Traxectoria Empresarial e Proxección e Innovación Sostible. A maiores, o xurado poderá conceder ata tres accésit, dotados cada un con cinco mil euros, a proxectos que sen acadar o galardón principal reúnan méritos destacados.
As candidaturas deberán incluír unha memoria que recolla os principais fitos, obxectivos e impactos da empresa, cun máximo de sete páxinas, así como un vídeo de ata dous minutos de duración. A documentación presentarase exclusivamente a través da sede electrónica da Deputación ata o 16 de maio ás dúas.











