Comezan a subir os prezos do marisco de cara ó Nadal

    prezomarisco_100_101208.jpgPOBRA > A quince días de comezar as festas de Nadal, a actividade nos mercados é frenética e comézase a notar a suba de prezos no marisco.

    {flowplayer}barbanza/prezomarisco.flv{/flowplayer}

    As prazas de abastos da comarca rexistran estes días un constante ir e vir de xente na busca dos mellores produtos da terra; moitos deles pensando xa no Nadal. E é que a menos de quince días de iniciar as festas é posible adquirir marisco a bo prezo aínda que, segundo din clientes e vendedores, a suba xa comeza a notarse.

    ¿Fresco ou conxelado?

    Cada vez máis, a xente decántase por mercar o marisco con antelación e conxelalo. É unha boa opción posto que se nota moito no peto e pouco no padal xa que non se produce demasiada alteración no sabor.

    Sen embargo, tamén os hai que prefiren gastar un pouco máis e desfrutar do marisco fresco nestas datas tan sinaladas. Ben fresco ou conxelado, de seguro que algo de marisco non ha de faltar nas mesas dos arousáns neste Nadal. Porque a crise apreta, pero non afoga.

    Redacción Barbanza