O porto deportivo de Vilanova leva máis dun ano cun vertido incontrolado

    vertido_vilanova100.jpgVILANOVA > O porto deportivo leva máis dun ano padecendo un vertido incontrolado nas súas augas, xusto detrás do instituto.

    {flowplayer}images/salnes/VERTIDO_PORTO_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    VILANOVA > O porto deportivo de Vilanova leva máis dun ano padecendo un vertido incontrolado nas súas augas, xusto detrás do instituto A Basella. O director das instalacións afirma que xa denunciou o asunto ante o Seprona en varias ocasións, e que ningunha administración lle pon solución.

    Segundo explica Paco Peña, a vertedura adoita aparecer os mércores e dura nalgunhas ocasións ata o sábado. Esta situación complica ademais a execución das normas de mantemento e coidado do medio que o Porto Deportivo ten para os seus usuarios. O Porto Deportivo de Vilanova entrou en funcionamento en febreiro de 2007 e segundo lembra o seu director, xa en abril dese ano fixeron a primeira denuncia por mor deste vertido.

    Paco Peña ten claro que procede dalgunha conserveira da zona e pide que se analice a vertedura. Pola súa banda, o Concello afirma que nesa zona existía unha tubería que vertía directamente ó mar e que se pediu a Portos que a anulase. Di o goberno local que cando Portos fixo o recheo para o porto deportivo incluso a prolongou esta tubería.

    Redacción Salnés