A ANPA de Coirón recolle sinaturas para protestar pola falta de mestres

    fotocolexioxoironcopia.jpgDENA> Case cincocentas sinaturas contra a falta de substitutos no colexio. Os alumnos de primeiro de primaria comezaron o curso sen titor.

    {flowplayer}images/salnes/SinaturasBaixasCeipCoiron.flv{/flowplayer}

    Baixas que ó ser de quince días quedan se cubrir, e que dan como resultado a corenta rapaces que permanecen máis de dúas semanas sen titor. Este é o panorama co que se atoparon os pais e nais dos rapaces deste centro de Coirón, en Dena.

    Desubicados os nenos e desubicados tamén os pais, que non entenden como dende a administración non se xestionan estas situacións dun xeito menos racional e máis real.

    Ademais do problema das baixas, o centro ten solicitadas varias obras de mellora nas instalacións que continúan sen recibir resposta. Goteiras que enchen o edificio de auga e humidade ou unha cuberta para o patio que se fai máis que imprescindible tendo en conta que neste colexio estuda un rapaz con alerxia a luz solar. Cuestións todas elas que continúan sen obter resposta.

    Dende a ANPA agardan que as cincocentas sinaturas que conseguir recoller e que veñen de presentar na delegación teñan algún resultado e fan un chamamento ó resto dos pais e nais dos diferentes colexios a que se mobilicen para protestar contra estas deficiencias.

    Redacción Salnés