CAMBADOS> O concello de Cambados estreou hoxe unha nova edición do mercado das flores máis popular da comarca. A feira trasladouse este ano ao Paseo da Calzada para poder garantir as medidas de seguridade. Dende primeira hora, o mercado, xa contou cunha gran afluencia de público.
Dende primeira hora da mañá xa se podía observar a cola para entrar ao recinto preparado no Paseo da Calzada para acoller o Mercado das Flores. A feira tradicional de Cambados é un éxito en toda a comarca e atrae ao público de toda a comarca. Para as 22 floreiras a celebración do mercado é unha gran oportunidade, máis aínda este ano, para vender as súas flores.
O Mercado das Flores de Cambados ofrece unha gran variedade de produtos.
Esa gran variedade é o que leva aos clientes de toda a comarca a achegarse a Cambados.
As flores véndense individualmente, en ramos ou en centros. Nesta época os máis solicitados son os centros para levar aos seres queridos polo día de defuntos.
O mercado trasladouse este ano ao Paseo da calzada para garantir todas as medidas sanitarias. Estará aberto ata domingo en horario de 9 da mañá a 8 da tarde. Este ano
En Vilagarcía tampouco quedaron este ano sen o seu mercado das flores. Na capital do Salnés trasladaron esta edición á peixería por motivos de seguridade e estará aberto en horario de 8 da mañá a 9 da noite.