SALNÉS > Vilalonga e Céltiga xogan na casa e que aspiran a seguir enganchados á zona alta da táboa. Arousa e Portonovo farano fóra e teñen a intención de traerse algo positivo para non verse ó final desta xornada preto dos postos de descenso.
Importante partido para o Vilalonga esta fin de semana ante o Negreira. Un encontro, que tralos tres puntos sumados a semana pasada na Lomba poderían supoñer a segunda victoria consecutiva dos de Gabi Leis e engancharlles co grupo de equipos que persigue ós primeiros.
No choque non poderán estar por parte dos celestes nin Quito, lesionado, nin o latreal Adrián Gómez, que cumple sanción por acumulación de cartóns. É dubidosa aínda a reentrada no equipo de Luismi, que esta semana xa se foi adestrando co resto do grupo; tamén haberá que agradar a ver a evolución de David Sarró, que cunha sobrecarga podería perderse o choque. O rival, o Negreira, é un conxunto ordenado e rocoso, con homes de calidade e velocidade arriba como Jano e Nacho.
Por outra, banda, o Vilalonga tamén anda pendente estes días do futuro de Álex Gómez, que recibíu unha oferta do Pontevedra B e podería asinar nos próximos días polo filial granate.
Conxunto precisamente que chega como pechacancelas á súa visita ó Salvador Otero. O Céltiga tómase este encontro como unha revancha contra si mesmos, despois de deixar marchar dous puntos no último minuto no deri de Baltar o pasado sábado.
Á coñecida baixa de Albert súmase a de Victor, que sufríu un pinchazo o martes nun aductor e non estará no choque. A humildade e a serenidade serán as armas deste Céltiga que non se fía dun Pontevedra B, que aínda que sexa o último clasificado, ten nas súas filas xente xoven, moi ben preparada no aspecto físico e con gran calidade técnica.
O problema do Arousa coa defensa medra día a día. Ata o de agora a cuestión era que non funcionaba, esta semana aínda peor. Non hai xogadores para esas demarcacións. Valiñas, recén operado e Santos, por sanción, son baixa no eixo da zaga. Ademais os laterais Jesús e Dani Conde poderían abandonar o club nos vindeiros días por motivos persoais, polo que o seu concurso en Vista Alegre é máis que dubidoso. Tampouco estará Nelo.
Con este panorama Laxes deberá inventarse unha liña defensiva para tratar de cortar ante o Ordes coa xeira negativa de resultados que arrastra dende hai varias semanas. Antóllase un partido especialmente importante porque o Ordes camiña a tres puntos do Arousa, fuxindo do descenso, polo que en caso de perder os vilagarciáns poderían comezar a ter problemas.
O Portonovo pola súa banda viaxa cara Santa Comba coa idea de dar a sorpresa e sumar algo positivo no campo do terceiro clasificado. Os de Gelucho veñen de perder en Verín e descolgáronse un poquiño do ritmo imposto polo Compostela pero continúan intratables na casa, só perderon co Vilalonga este ano. O Portonovo en clara ascensión e despois de facerse forte nas últimas semanas na casa quere que esa boa imaxe se refrende lonxe de Baltar.
Redacción Salnés