Pontevedra> O campión mundial do trialtón de longa distancia visitou hoxe o concello de Pontevedra. Pablo Dapena foi recibido polo alcalde e voceiros dos partidos da corporación. O triatleta di que aínda está aterrando con esta victoria baixo o brazo e que cada vez ve máis cerca o seu paso ao Ironman.
Recén chegado de Dinamarca, Pablo Dapena, actual campión do mundo de trialtón de longa distancia, foi recibido hoxe polo alcalde e os voceiros dos partidos da corporación no concello de Pontevedra.
Pablo dixo nesta xornada que ainda estaba aterrando trala súa vitoria en Dinamarca.
En relación a este ITU Mulisport que se celebrará en Pontevedra o vindeiro ano, Pablo dixo que non ten moita presión, considera que claramente a presión caerá sobre Gómez Noya nesta competición.
En relación á súa maneira de adestrar dixo que houbo algún que outro cambio nesta tempada.
Pablo Dapena lembrou esta mañá que correrá contra Gómez Noya na que será a súa próxima cita internacional, o próximo 28 de xullo en Praga. Tras esta carreira no seu calendario figuran oCampionato de España de Tríatlon de Longa Distanciaque se celebrará en agosto en Pontevedra, onde se probará o circuíto do Mundial 2019,e o Europeoda especialidade que terá lugar en Madrid en setembro. Despois chegará a quenda de descansar. E será a partir de entón cando Pablo Dapena se plantee dar o salto ao Ironman.








