Todos foron campións

OUTES> Ó redor duns douscentos usuarios de distintas asociacións para o tratamento de persoas con discapacidade das comarcas do Barbanza e Muros-Noia participaron esta mañá, en Outes, nun torneo de baloncesto inclusivo. A actividade estaba organizada por Adisbismur. Como vén sendo habitual por estas datas a Asociación de Personas con Discapacidade da Comarca de Muros, Adisbismur, convoca a outras entidades afíns a un torneo de baloncesto inclusivo. Na actividade, desenvolvida no pavillón municipal de Serra de Outes, tomaron parte unhas dúascentas persoas pertencentes a colectivos coma Ambar, A Misela de Noia, Amarai de Arzúa ou nmesmo Íntegro da Costa da Morte. Aínda que o motivo da convocatoria era un torneo de baloncesto, na que houbo gañadores e trofeos, a competición foi o de menos, e tódolos participantes disfrutaron dunha xornada deportiva e de lecer. En definitiva tratábase de pasar unha xornada de convivencia entre todos. Por iso un dos momentos máis agardados producíase precisamente ó remate da competición, no momento de disfrutar dun almorzo conxunto entre tódolos participantes. Aí si foron todos campións!!!