Atopan morto ó mariñeiro desaparecido tralo incendio dun cargueiro na ría

    incendio_doxa100_151208_copia.jpgA POBRA > Un tripulante morto e unha ducia de feridos, é o saldo do incendio orixinado esta madrugada nun cargueiro fondeado na ría de Arousa.

    {flowplayer}images/salnes/incendio_doxa1.flv{/flowplayer}

    A POBRA > Un tripulante morto e unha ducia de feridos, é o saldo do incendio orixinado esta madrugada nun cargueiro fondeado na ría de Arousa, fronte ás costas da Pobra do Caramiñal. Foi ás 3.56 horas cando se recibiu o aviso de que estaba ardendo o mercante ‘Doxa’ e que a súa tripulación abandonara a embarcación en balsas salvavidas.

    O Servizo de Vixilancia Aduaneira rescatou a 21 tripulantes, que se atopan ben, mentres que un foi atopado este mediodía sen vida na adega do barco. A tripulación é de nacionalidade filipina, salvo o capitán, que é grego. Na Pobra do Caramiñal reuniuse un gabinete de crise, no que participan os patróns maiores das confrarías da Pobra e Ribeira, o alcalde da Pobra, o director xeral de Recursos Mariños Antonio Elorriaga e o capitán marítimo. Finalmente, o incendio do mercante chipriota non provocou danos medioambientais de gravidade e, segundo Salvamento Marítimo, non se produciu ningún vertido de combustible, polo que non foi necesario despregar as barreiras anticontaminantes. De todos xeitos, o suceso fixo saltar a alarma no sector pesqueiro da ría.

    Os tripulantes rescatados, algúns foron levados por efectivos de Protección Civil de Vilagarcía e Cambados á Autoridade Portuaria e outros trasladados ó Hospital do Salnés con problemas respiratorios e queimaduras. O propio capitán pediu a alta voluntaria e colaborou nas tarefas de remolque do buque, que chegou esta tarde ó porto de Vilagarcía. Trátase dun buque mercante de 173 metros de eslora, que transportaba gran. No momento do incendio atopábase fondeado fronte á praia de Cabío, na Pobra do Caramiñal, en lastre e sen carga, despois de descargar o venres millo no porto de Vilagarcía.

    Redacción Salnés