Desaparecido un tripulante tralo incendio dun cargueiro chipriota na Ría de Arousa

    incendio_doxa100_151208.jpgA POBRA > Salvamento Marítimo busca a un dos tripulantes dun cargueiro chipriota que se incendiou esta madrugada na Ría de Arousa. Foi ás 3.56 horas cando se recibiu o aviso …

    … de que estaba ardendo o mercante ‘Doxa’ e que a súa tripulación abandonara a embarcación en balsas salvavidas. 

    Unha embarcación do Servizo de Vixilancia Aduaneira rescatou a 21 tripulantes, que se atopan bien, mentres que un continúa desaparecido. A tripulación é de nacionalidade filipina, salvo o capitán, que é grego. Nas labores de extinción das lapas traballaron os buques ‘María Pita’ e ‘Sebastián Ocampo’ e estase a avaliar o seu traslado ó Porto de Vilagarcía. Ademais, o operativo de busca do tripulante desaparecido están a traballar o helicóptero da Xunta ‘Pesca 1’, e as embarcacións ‘Don Inda’ e ‘Salvamar Sargadelos’, ás que se sumou outra de Protección Civil de Boiro.

    Na Pobra do Caramiñal reuniuse un gabinete de crise, no que participan os patróns maiores das confrarías da Pobra e Ribeira, o alcalde da Pobra, o director xeral de Recursos Mariños Antonio Elorriaga e o capitán marítimo da Pobra. Nesta localidade foron colocadas barreiras anticontaminación, inda que finalmente non foron precisas.

    Entre a tripulación hai media ducia de feridos. Efectivos de Protección Civil de Cambados trasladaron a dous deles ó Hospital do Salnés con problemas respiratorios e a outros dous á Autoridade Portuaria de Vilagarcía. Ademais, Protección Civil de Vilagarcía evacuou a catro tripulantes con problemas respiratorios, a un con queimaduras e a dous leváronos á Autoridade Portuaria, mentres que outros dous foron atendidos no punto.

    O buque é un mercante de 173 metros de eslora, que transportaba gran e que se atopaba fondeado fronte á praia de Cabío, na Pobra do Caramiñal. Estaba na zona do incendio, en lastre e sen cargo, desde o venres á esperaba recibir un flete despois de descargar millo no porto de Vilagarcía.

    Redacción Salnés