O hospital do Salnés conta con medios e persoal suficientes para cubrir toda a atención sanitaria

SALNÉS> A dirección do hospital do Salnés desminte as acusación de falla de servizos vertidas polo PSdeG . Aseguran que o hospital conta con persoal, infraestruturas e medios suficientes para cubrir as necesidades de toda a área sanitaria. Piden que non se fagan falsas acusacións para non alertar á poboación.

O hospital do Salnés conta co persoal, infraestruturas e medios suficientes para garantir a atención sanitaria a toda a súa área de acción. Así o asegurou o Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra. José Ramón Gómez tamén desmentiu as acusacións vertidas polo socialista Julio Torrado nas que aseguraba que o hospital  perdera servizos nos últimos anos. Segundo o xerente do Salnés, as melloras do hospital e o aumento nun 34% do persoal permitiu que os ingresos de pacientes aumentasen nun 25% e as intervencións nun cirúrxica nun 42% dende o 2008.

Outras das queixas de Torrados tiñan que ver coa atención de neuroloxía e cardioloxía. Dúas áreas que dende o Salnés aseguran que están ben cubertas.

Dende o hospital tamén desmenten que se peche a terceira planta do Salnés. Aclarou que o que se fai é axustar os recursos ás demandas dos pacientes.

O xerente tamén quixo aclarar o acontecido durante o verán nos centros sanitarios. Asegura que a planificación foi adecuada para cubrir as vacacións pero o problema xurdiu polas numerosas baixas de persoal.

Dende o hospital advirten que todos estes datos están recollidos e se poden contrastar. Piden que no se fagan falsas acusacións para non alertar á poboación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí