![]()
PONTEVEDRA > Acabouse o ter que percorrer media Pontevedra para realizar trámites administrativos na Xunta. Emilio Pérez Touriño inaugurou hoxe o Edificio Administrativo.
{flowplayer}images/salnes/161208_inauguracion_edificio_xunta.flv{/flowplayer}
PONTEVEDRA > Acabouse o ter que percorrer media Pontevedra para realizar trámites administrativos na Xunta. A partir de hoxe tódalas delegacións territoriais das consellerías compartirán un mesmo edificio situado na urbanización de Campolongo. O presidente do executivo galego, Emilio Pérez Touriño, inauguraba esta mañá a instalación acompañado de diversas autoridades. Segundo Touriño, trátase dunha obra que representa as características da administracións galega: transparencia, proximidade e accesibilidade.
O novo edificio administrativo da Xunta albergará as delegacións territoriais de tódalas consellerías, ata agora dispersas en dez edificios ó longo provincia. Polo momento a de Presidencia é a única consellería que xa está instalada, ademais do rexistro central que tamén está en funcionamento. Despois do Nadal irán incorporándose o resto de departamentos. Para o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, con esta obra a administración gañará en comodidade e organización.
Cun total de 46.600 metros cadrados de superficie, o edificio consta de 10 plantas, 2 sotos, un semisoto e unha planta baixa. Ademais das delegacións da consellería, a instalación contará cunha oficina de correos, unha gardería para os fillos dos traballadores, a sede da Policía Autonómica e un auditorio. Segundo o presidente da Xunta, trátase dunha gran oficina moderna que permitirá simplificar os trámites administrativos e gañar en eficacia. T
ódolos asistentes á inauguración coincidiron en que esta obra constitúe un exemplo da modernización da administración galega, que vén a sumarse ó servizo de atención telefónica a través do 012 e o portelo permanente da Xunta en internet, que permite resolver directamente trámites coma o pago de tributos autonómicos ou matricularse nunha oposición.
Redacción Salnés










