A Pobra volverá a ofertar este verán as viaxes en veleiro

POBRA> A actividade desenvolverase as fins de semana de xullo e agosto, coa empresa Arousa Náutica

A concellería de Turismo da Pobra volve a apostar polas viaxes en veleiro. O éxito da iniciativa levada a cabo en anos anteriores foi unha das principais razóns que fixo repetir experiencia.

As saídas realizaranse nas fins de semana, comezando o día 16 de xullo, cunha duración do traxecto de aproximadamente hora e media. Para poder realizar estas viaxes será necesario reservar con antelación na propia oficina de Turismo xa que a capacidade do veleiro é de dez persoas.

Os prezos serán de 15 euros por persoa para adultos e 10 para os nenos de ata 12 anos, con descontos tamén para familias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí