O Barbeito mantén o liderato. O Junquera volve a vencer

futbolsala250_161208.jpgSALNÉS > Boa xornada para os equipos do Salnés que solventaron con goleadas dous complicados compromisos. O Hermanos Barbeito mantén o liderado igualado a puntos co Cesuras.

Non era un partido sinxelo nin moito menos, pero o Barbeito sacouno con moito oficio e demostrando unha vez máis que é o máximo favorito para subir de categoría este ano.

O Caloto, equipo da parte alta da táboa, sufríu nas súas propias carnes o rodillo portonovés dende os primeiros minutos. Despois dos últimos partidos nos que tiveron que traballar ata o final para levarse a victoria, os de Javi Santos non quixeron especular e saíron á pista moi concentrados e controlando o xogo en tódalas facetas.

Esa superioridade pouco tardou en verse reflexada no marcador, e ós nove minutos xa vencías por 0-2. Os tantos visitantes foron caendo pouco a pouco ata completar a goleada, 1-6. Pedro, Salgueiro, Javi Santos e Bruno Ribeiro fixeron os goles, ademais dos dous que aportou Chelito, o arxentino que debutou neste encontro.

Deste xeito, sumaron a súa 11ª victoria consecutiva. A vindeira fin de semana pecharán esta primeira volta case inmaculada ante o Pontenova.

Tamén gañou o Grupo Junquera ó Aginsu Fene, por 8-3. Nun partido similar ó do Barbeito no que os vilagarciáns dominaron de comezo a fin aínda que lles custou romper o encontro. Puxéronse con 2-0 no marcador ós dez minutos pero ata mediada a segunda metade non fixeron o terceiro e non respiraron tranquilos.

Os ferrolterráns decidiron poñer en pista nos últimos minutos ó porteiro – xogador o que propiciou que se puidesen ver más goles en Fontecarmoa.

O Junquera continúa sexto na xeral, con 24 puntos, preto do Caloto que é quinto aínda que a dez puntos do líder Barbeito.

Redacción Salnés