O BNG levará a pleno a mellora dos accesos ó Campo-Angustia

    mellorascampoangustia_100_080509.jpgPOBRA> O BNG da Pobra levará a pleno unha iniciativa solicitando a mellora do contorno da escola unitaria do Campo da Angustia.

    {flowplayer}barbanza/mellorascampoangustia.flv{/flowplayer}

    Ademais do mal estado dos tres accesos que comunican este núcleo, dende o BNG tamén denuncian o deterioro que sufren as inmediacións da escola, invadidas pola maleza.

    Do mesmo xeito, tanto o parque infantil como a pista polideportiva non se atopan en condicións para ser usadas polos nenos e mesmo poden consittuír un risco. 

    Reunión veciñal

    Antes de presentar a iniciativa no concello, coa intención de que sexa debatida no pleno deste mes, os edís nacionalistas manterán unha xuntanza cos veciños da zona para incluír na moción novas propostas.

    O obxectivo, ademais de mellora-las condicións do centro educativo, é incrementar a calidade de vida dos veciños deste núcleo.

    Redacción Barbanza