A campaña comercial da FEB aglutinará a tódalas patronais da zona

    campanhanadalfeb12.jpgBARBANZA> A campaña, que se prolongará ata o vindeiro 5 de xaneiro, dispón dun presuposto inicial duns 140 mil euros, a maioría deles aportados pola Deputación da Coruña.

    {flowplayer}barbanza/campanhanadalfeb12.flv{/flowplayer}

    Por primeira vez dende que se veñen organizando este tipo de campañas de cara á promoción do comercio tradicional, a FEB desenvolverá este ano unha iniciativa comercial que aglutinará a tódalas patronais que representan as comarcas do Barbanza, Sar, Muros e Noia. En total será nó redor duns 500 establecementos participantes dun extenso territorio formado por doce concellos e da que se poderán beneficiar más de 130.000 habitantes. A dinámica da campaña será semellante á de anos anteriores. Por cada cinco euros de compra o cliente recibirá unha rifa na que se deberán cubrir os seus datos e depositar nas urnas habilitadas nos comercios participantes antes do cinco de xaneiro, data do remate da campaña.

    Campaña ambiciosa

    A campaña deste ano é moi ambiciosa, cun presuposto total que ascende a uns 140 mil euros, a maioría deles aportados pola Deputación da Coruña. No acto de presentación, tomou parte, precisamente, o deputado provincial, Antonio Cañás, que desexou os maiores éxitos a esta iniciativa.

    Actividade complementaria

    Como complemento á esta campaña comercial desenvolverase unha actividade denominada ‘Carpa con xogos para nenos’ de animación comercial e que percorrerá durante este Nadal os distintos concellos participantes na campaña. A primeira parada será mañá venres nos concellos de Ribeira e Rianxo.

    Cinco de xaneiro

    A campaña chegará ó seu remate o vindeiro cinco de xaneiro e o día once procederase, no restaurante Chicolino, ó sorteo de premios baixo a supervisión do notario de Boiro.

    Redacción Barbanza