![]()
BOIRO > Tal e como se comprometera Política Territorial, as actuacións pendentes derivadas das obras da autovía do Barbanza están a executarse.
{flowplayer}barbanza/mellorasdanosautovia.flv{/flowplayer}
Boiro, un dos concellos mías afectados polas obras da autovía do Barbanza, comeza a recuperarse pouco a pouco dos numerosos danos sufridos. Catro días despois da inauguración da nova estrada empezan a verse os resultados da reposición dos servizos, tal e como comprometera a Conselleira de Política Territorial.
Segundo informou o edil de obras de Boiro, Xoán Xesús Ares, xa está rematado un acceso alternativo ó núcleo de Sealo que contaba tan só cun camiño en mal estado e con moita pendente que limitaba o acceso de determinados vehículos.
Canalización de pluviais
Os operarios de Sacyr tamén están a traballan na reconducción das augas pluviais tanto en Sealo como noutros núcleos do concello, moitos deles na parroquia de Lampón. Aquí, na zona da Mina, tamén se está a habilitar un novo acceso cara os núcleos da montaña.
O concelleiro de Obras informou tamén do recente acordo entre a Consellería de Política Terirtorial e a Deputación da Coruña para solventar o problema de inundacións provocado pola chegada de augas procedentes da autovía á estrada provincial en Cespón. O departamento autonómico financiará a adquisición dunha finca nesa zona para a construción dun canal que recolla as augas.
Redacción Barbanza











