![]()
VILAGARCÍA > A aula foi inaugurada polo director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel Fernández Iglesias…
…e a alcaldesa, Dolores García. Durante o evento conectaron mediante video-conferencia co Telecentro de Guitiriz, en Lugo, que tamén se estreaba.
Coa inauguración do centro de Vilagarcía e o de Guitiriz, en Lugo, Galicia suma xa 49 telecentros. Trátase dun servizo posto en marcha dende a Presidencia da Xunta, no que a Secretaría Xeral aporta o equipamento e material informático, mentres que o concello de Vilagarcía cedeu a aula. Está emprazada no número un da Avenida de Matosinhos, nas instalacións do Obradoiro Municipal de Emprego, e estará aberta a todo o público. Durante a inauguración, o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel Fernández Iglesias, e a alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García, conectaron mediante video-conferencia co Telecentro de Guitiriz.
Unha das aplicacións desta rede de telecentros estará orientada ó ámbito educativo. O secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, e a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, asinarán un convenio para levar a cabo actividades de formación permanente do profesorado a través destas aulas. Pero tamén se busca achegar as novas tecnoloxías ós máis cativos. Por iso, preto de 30 nenos do CEIP Arealonga asistiron á inauguración do telecentro de Vilagarcía. Desde alí puideron conectar con Laponia para falar en directo con Papá Noel. Segundo o secretario xeral de comunicación, con estas iniciativas búscase eliminar as barreiras espaciais que dificulten a comunicación e avanzar na incorporación de Galicia á Sociedade da Información.
Redacción Salnés








