SALNÉS > Perdeu o Extrugasa en Fontecarmoa, eso sí, deixando claros síntomas de recuperación ante a constelación de estrelas do Ros Casares. Tampouco puido vencer o Inelga que caeu en Valladolid por sete puntos de diferencia.
Chegaba o partido máis complicado do ano, o que se se perde por trinta non pasa nada, porque o rival era o Ros Casares. Gañaron as valencianas, sí, pero tiveron que sudalo ante un Extrugasa moi combativo dende o inicio, basando o seu xogo de novo na defensa.
O partido non se decidíu ata tres minutos para o final. Antes, o conxunto vilagarcián aguantou o tirón dos seu rival no primeiro cuarto e no segundo, a pouco para chegar ó descanso, incluso se puxeron tres puntos por enriba no marcador (28-25).
Na segunda metade, o encontro semellou decidido co parcial de inicio das de Isma Cantó, pero, dúas triplas consecutivas de Miriam Herrera e María Asurmendi reestableceron a igualada (42-42) case ó remate do terceiro cuarto.
Ahí foiselle o partido ó Extrugasa. Trinta minutos de concentración tirados pola borda en medio minuto no que perderon tres balóns de xeito consecutivo que aproveitou o Ros para facer brecha.
Pese ós intentos de remontada no tramo final, o líder da Liga Feminina administrou a diferencia acadada, da man dunha sensacional Amaya Valdemoro (23 puntos), e levouse o triunfo de Fontecarmoa por 56-65.
Décima derrota consecutiva, o Extrugasa pecha a primeira volta último pero coa moral intacta de cara a intentar salvar a categoría na segunda volta.
O Inelga pola súa banda caeu cun rival directo na loita pola permanencia como o é o Valladolid (74-67). Os de Juan Espiñeira chegaron con opcións de victoria ós intres finais, pero o cansancio pasoulles factura, xa que acudiron a este encontro con tan só sete xogadores, polas baixas. Chegan ó parón de Nadal décimos na xeral, con balance negativo de 4-8 en doce partidos.
Redacción Salnés