Meaño Independente xustificará as consecuencias irreparables de constituir a Mancomunidade do Salnés

MEAÑO> Meaño Independente recorrerá a decisión do Contencioso de suspender as medidas cautelares que paralizaban a constitución da mancomunidade do Salnés. Dende a formación insisten en que a votación de Meaño non foi legal e que mentres non se repita non se reflexará a opinión dos veciños. José Áspérez abriu a porta a retirar a denuncia se se repite a votación e a un posible pacto co PSOE.

O futuro da Mancomunidade do Salnés continúa pendente do concello de Meaño. Dende a formación independente da vila insisten en que a votación para a elección dos membros do ente comarcal non foi legar. Por iso recorrerán a decisión da xuíza de suspender as medidas cautelares que paralizaban a celebración do pleno de constitución.

Dende a formación insisten en continuar con esta reclamación xa que a votación secreta de Meaño non reflexa o que votaron os veciños.

Aspérez asegura que de repetirse a elección retirarían a denuncia. Tamén abriu a porta a un posible acordo co PSOE.

O líder de Meaño Independiente non quixo valorar a expulsión de Carlos Viétes do Partido. Lamenta que o goberno da vila estea máis pendente doutras cousas que das preocupacións dos veciños.

Aspérez tamén criticou ao PSOE da localidade por apoiar incondicionalmente ao PP. Lamentando que na vila se estean dando pactos escuros e enganando aos veciños.