O BNG da Pobra denuncia a falta dunha enfermeira

    POBRA> O BNG da Pobra denuncia a falta dunha enfermeira no centro de saúde do municipio, o cal altera considerablemente, segundo afirman, o calendario da campaña de aplicación da vacina antigripal. 

     

    A enfermeira á que fai referencia o BNG pobrense atende normalmente ós pacientes de dous dos facultativos que pasan consulta no centro de saúde do concello. Para os nacionalistas a falta de vontade do SERGAS de cubrir a praza, retrasa a aplicación da vacina da gripe para estes pacientes ata finais de novembro. O voceiro do BNG engadiu que co fin de corrixir esta situación canto antes, o grupo parlamentar trasladou ó Parlamento de Galicia a esixencia dunha inmediata reposición do persoal de vacacións. Petición que tamén se levou a cabo no Pleno Ordinario da Pobra do pasado día 27. Ante a non cobertura de forma permanente desta praza por parte do SERGAS, Ouviña denunciou os prexuízos e incomodidades que isto supón ós veciños e veciñas da Pobra, e acusa ó goberno local de Nós Pobra, de incapacidade para afrontar os problemas da cidadanía.