Vivenda busca o consenso para a construción de vivenda protexida en Ribeira

    bascuasribeira_100_231208.jpgRIBEIRA > O delegado provincial de Vivenda desprazouse ata Ribeira para informar sobre o Plan Sectorial de Vivenda Protexida ós propietarios afectados.

    {flowplayer}barbanza/bascuasribeira.flv{/flowplayer}

    Acompañado do técnico da Consellería, Xosé Manuel Regueiro, o delegado provincial da Consellería de Vivenda e Solo, Xoán Carlos Bascuas, compareceu ante os propietarios de Fontao para dar a coñecer os detalles sobre a bolsa de terreo contemplada en Ribeira no Plan Sectorial de Vivenda.

    Cando se dou a coñecer o plan, actualmente en fase de exposición pública, espertou un gran rexeitamento por parte dos afectados que verían expropiados os seus terreos para a construción de vivenda pública. Por este motivo, o responsable autonómico acudiu ata Ribeira para tranquilizar ós propietarios explicando que non se acometerá ningunha actuación coa que os veciños non estean de acordo.

    Segundo explicou o delegado, o plan sectorial contempla dúas bolsas de terreo na zona do Barbanza, unha en Porto do Son e outra en Ribeira, determinadas segundo os criterios de ubicación xeográfica de área funcional, en función da mobilidade laboral.

    Tramitación

    O plan soamente establece a localización das bolsas de terreo pero cada un dos proxectos terá que ser aprobado individualmente e superar unha nova fase de exposición publica, a maiores da do proxecto conxunto que rematará o próximo 27 de decembro.

    Neste sentido, para a redacción do proxecto das vivendas protexidas en Ribeira a Consellería pretende establecer un diálogo constante cos afectados co fin de chegar a un acordo entre tódolos propietarios.

    Redacción Barbanza