A fochanca da rúa do Outeiro segue sen arranxar dous anos despois

    queixasouteiro_100_261208.jpgRIBEIRA > Os veciños do lugar de Outeiro, en Carreira, volven reclamar ó concello a reparación das deficiencias que se rexistran neste núcleo.

    {flowplayer}barbanza/queixasouteiro.flv{/flowplayer}

    Dous anos levan agardando os veciños do Outeiro por unha solución que mellore a calidade de vida nesta zona. A existencia dun enorme socavón en medio da rúa, motivado pola rotura dunha tubaxe ó tentar soterrar o cableado eléctrico, non só supón un perigo constante de accidentes senón que conleva un importante risco para a saúde pública. Os malos cheiros derivados das augas sen canalizar e a presenza de ratas e outros animais converten este burato nun constante foco de infeccións que os veciños están fartos de soportar.

    Solución provisional

    A pesar das constantes demandas veciñais para poñer unha solución a este problema, o concello soamente procedeu á instalación de dúas pranchas de ferro que se moven co paso dos vehículos co que o risco de accidentes segue aí e fan moito ruído que impide o descano dos veciños.

    Responsabilidades

    Por este problema, xa se ten interesado o BNG que presentou varias iniciativas solicitando unha actuación urxente. Os nacionalistas consideran que, independentemente de quen sexa responsabilidade esta situación, dende o concello débese actuar canto antes e despois determinar quen debe asumir os custos.

    Pola súa banda, fontes municipais informaron de que xa se lle teñen remitido a Fenosa escritos en reiteradas ocasións para que acometa a reparación dos danos ocasionados. A compañía eléctrica comprometeuse a facelo nun marxe de tempo prudencial. De non ser así, o executivo procederá a executar a obra e posteriormente remitiralle a factura a Unión Fenosa para que asuma os custos da actuación.

    Redacción Barbanza