A autovía do Barbanza cóbrase a súa primeira vítima mortal unha semana despois da súa apertura

    accidenteautovia_100_261208.jpgRIBEIRA > Un mozo de Ribeira, Alberto Villaverde, perdeu a vida onte ó mediodía nun accidente rexistrado na Autovía do Barbanza, á altura de Dodro.

    {flowplayer}barbanza/accidenteautovia.flv{/flowplayer}

    Ribeira continúa consternada pola nova do accidente no que perdeu a vida un mozo da localidade, Alberto Villaverde, de 19 anos de idade. O suceso producíase onte ó mediodía, ó redor das doce e media, no punto quilométrico 3’8 da autovía do Barbanza, á altura do concello de Dodro, debido a unha saída de vía.

    Ó parecer o vehículo, un MG de cor amarela e con placas de matrícula 1773-CKP, no que o mozo viaxaba de acompañante, saíuse da vía e impactou contra o noiro da estrada, para posteriormente colisionar con outro vehículo.

    Ferido grave

    Alberto Villaverde perdeu a vida de xeito instantáneo, mentres que outro xoven que tamén viaxaba de acompañante no automóbil, Francisco Muñíz, aínda puido ser trasladado con vida en helicóptero ata o Hospital Clínico de Santiago, onde permanece na UCI. Fontes consultadas por esta redacción informaron de que o mozo segue estable, dentro da súa gravidade, cun forte traumatismo cranoencefálico.

    No vehículo sinistrado tamén ían dous mozos máis de Ribeira, o conductor do vehículo, Ricardo F.Q., e a súa moza, Irene L.M., ambos de 22 anos, que permaneceron durante toda a noite no complexo hospitalario de Santiago, con feridas de diversa consideración, aínda que este venres xa recibían a alta médica.

    Placas de xeo

    Polo de agora descoñécense as posibles causas do accidente, aínda que todo parece indicar que o suceso se produciu pola combinación dunha elevada velocidade e a existencia dunha gran capa de xeo na estrada.

    A consecuencia do choque, este tramo da autovía permaneceu cortado ó tráfico, sendo numerosos os vehículos que quedaron atrapados, ó ser necesario corta-la circulación durante máis de dúas horas para levar a cabo os labores de rescate e limpieza da vía.

    O mozo falecido era ben coñecido en Ribeira, xa que era o porteiro do Club Atlético Ribeira. Ó parecer os mozos dirixíanse xunto con outros amigos á estación invernal de San Isidro en León onde tiñan previsto pasar varios días, practicando deportes de neve.

    Redacción Barbanza