Consecuencias negativas da Área de Xestión Integral

    BARBANZA> Persoal do hospital da Barbanza denuncia o desmantelamento dos servizos que se prestan, tanto neste centro coma en toda a zona de atención primaria da comarca.

    Membros do comité de empresa do Hospital da Barbanza denunciaron que, dende o ano 2011, período no que se puxo en marcha a Área de Xestión Integrada de Santiago, se ven observando un desmantelamento paulatino dos servizos que se prestan, non só neste centro hospitalario senón tamén na área de atención primaria da comarca. Poñen coma exemplo a situación dalgunhas áreas coma radioloxía, hematoloxía ou uroloxía, nas que se está a empregar o traslado de facultativos de Santiago varias veces á semana para prestar estes servizos. Tamén denuncian que dende hai máis dun ano o hospital barbanzán non atende a pacientes de fóra da súa área, a non ser os de urxencia. Outra das súas queixas fai referencia á centralización de diversas funcións do persoal da área de administración e a imposición de procedementos de actuación conxuntos, que están a provocar importantes prexuízos ó persoal, aumentando, na maioría dos casos, os tempos de resposta. Ante esta situación teñen previsto emprender unha campaña informativa para denunciar ante a cidadanía estes feitos,ó tempo que non descartan a realización de actos reivindicativos, ó considerar que a Área de Xestión Integrada non é unha boa solución para os problemas concretos que se dan neste hospital, que pasa ademais por ser un dos de menor investimento nos últimos anos por parte da Administración. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/30/denunciascomiteempresahospitalbarbanza301013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/30/denunciascomiteempresahospitalbarbanza301013.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí