A corporación rianxeira solicita a modificación do trazado do gasoducto

    trazadogasoducto_100_291208.jpgRIANXO > O concello de Rianxo solicitará á Consellería de Innovación e Industria a modificación do trazado do gasoducto.

    {flowplayer}barbanza/trazadogasoducto.flv{/flowplayer}

    Dende o concello quixeron deixar patente o seu total acordo coa necesidade dun gasoducto que permita achegar o servizo de gas natural ó Barbanza pero apostan por minimizar a afectación no seu trazado. Para elo, solicitarán a modificación do proxecto perante a Consellería de Industria solicitando que o trazado discurra pola autovía do Barbanza. De non ser así, apostan por ubicar a rede na zona xa afectada polo paseo marítimo.

    A pesar das discrepancias en canto ó trazado, dende o concello comparten a total necesidade de dotar á comarca do servizo de gas así como da fibra óptica, que conlevará importantes beneficios, especialmente para o sector empresarial.

    Barreiras anti-ruído

    Outro dos temas que preocupa ó executivo rianxeiro é a reparación das deficiencias derivadas das obras da autovía polo que están en permanente contacto coa consellería de Política Territorial. Unha das principais demandas é a dotación de barreiras antisón nos treitos próximos ás vivendas.

    Ampliación Ponte de Té

    Con relación á autovía do Barbanza tamén se vai acometer,a  medio prazo, á ampliación da rotonda e da ponte de Té, tal e como tiña solicitado o concello para evitar os atascos. Técnicos da Deputación provincial xa se desprazaron ata a zona para estudar as posibilidades de ampliación e mellora da vía. Mentres non se esecuta a obra, construirase unha pasarela de madeira para o tránsito dos peóns.

     Redacción Barbanza